CCNP ROUTE « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 22/05/2019
Data fin 20/06/2019
Certificación oficial Si
Exame 300-101 CCNP ROUTE- Implementing IP Routing
Nº inscritos 46
Datos da edición
  • Período de inscrición : 26/04/2019 - 06/05/2019
  • Proba de selección : 08/05/2019 (16:30)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas. Os días 30 e 31 de maio non son lectivos.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 22/05/2019 - 20/06/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

Este curso amósalles aos alumnos como implementar, monitorizar e manter servizos de encamiñamento nunha rede corporativa. Aprenderán a planificar, configurar e verificar a implementación de solucións de encamiñamento LAN e WAN, utilizando un amplo rango de protocolos de encamiñamento, tanto en contornos IPv4 como en IPv6. Tamén aborda a configuración de medidas de seguridade nos dispositivos de routing para dar soporte a oficinas móbiles e sucursais.

Obxectivos :

Este curso ensínalles aos estudantes a implementar, monitorizar e manter servizos de encamiñamento en redes corporativas. Os alumnos adquiren coñecementos e habilidades para planificar, configurar e verificar a implementación de solucións de encamiñamento LAN e WAN. O curso tamén aborda aspectos relacionados coa integración da seguridade en contornos corporativos.

Dirixido a :

Esta acción está orientada a profesionais do mundo do networking que desexen consolidarse como expertos de redes e Internet, así como a alumnos que, rematada a súa formación académica, desexen orientar a súa carreira profesional no entorno do networking.

Prerrequisitos: para un maior aproveitamento do curso, recoméndase que o alumnado dispoña dos coñecementos equivalentes á certificación CCNA.

É necesario ter a capacidade de ler textos técnicos en inglés.

Perfil do docente :

Os docentes son instructores acreditados polo programa Cisco Netacad e certificados nas especialidades que imparten. Teñen máis de 5 anos de experiencia profesional e docente neste eido e impartiron formación especializada en edicións anteriores no CNTG.

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Módulo 1. Conceptos básicos de redes e encamiñamento

  1. Diferenciación dos protocolos de encamiñamento
  2. Entender as tecnoloxías de rede
  3. Conectar localizacións remotas coa sede central
  4. Implementación de RIPng

Módulo 2. Implementación de EIGRP

  1. Establecemento das relacións de veciñanza EIGRP
  2. Construción da táboa de topoloxía EIGRP
  3. Optimización do comportamento de EIGRP
  4. Configuración de EIGRP para IPv6
  5. Configuración de EIGRP nomeado

Módulo 3. Implementación de OSPF

  1. Establecemento das relacións de veciñanza OSPF
  2. Optimización do comportamento de OSPF
  3. OSPFv3

Módulo 4. Manipulación de rutas

  1. Implementación da redistribución de rutas
  2. Control do tráfico de actualizacións de encamiñamento

Módulo 5. Implementación de control de rutas

  1. Utilización de Cisco Express Forwarding Switching
  2. Comprender o control de rutas

Módulo 6. Conectividade corporativa a Internet

  1. Establecendo conexións a Internet de tipo single-homed con IPv4
  2. Establecendo conexións a Internet de tipo single-homed con IPv6

Módulo 7. Implementación de BGP

  1. BGP: terminoloxía, conceptos e operativa
  2. Implementación básica de BGP
  3. Atributos BGP e o proceso de selección de ruta
  4. Control das actualizacións de encamiñamento en BGP
  5. Implementación de BGP para a conectividade a Internet mediante IPv6

Módulo 8. Fortificación de encamiñadores e protocolos de encamiñamento

  1. Protexer o plano de xestión en encamiñadores Cisco
  2. Configurar a autenticación nos protocolos de encamiñamento