Administración de sistemas operativos Linux (LPIC-1) « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Presencial
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 03/06/2019
Data fin 28/06/2019
Certificación oficial Si
Exame 101-500: LPIC-1 General Linux Part 1
Nº inscritos 89
Datos da edición
  • Período de inscrición : 26/04/2019 - 06/05/2019
  • Proba de selección : 09/05/2019 (11:05)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 03/06/2019 - 28/06/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

O presente curso oficial, constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute ( LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional de certificación LPIC-1: Linux Administrator.

Desenvolvido dende unha orientación de aprendizaxe baseada na práctica, o curso proporcionará ao estudante acceso a ferramentas mediante as que levará a cabo multitude de laboratorios e escenarios reais que se propoñen ao longo da formación.

Obxectivos :

Ao finalizar o curso, os/as asistentes adquirirían competencias profesionais para o desenvolvemento de labores de mantemento desde a liña de comandos, instalación e configuración dun equipo Linux e configuración de funcionalidades de rede básicas. O curso alíñase cos seguintes obxectivos da certificación LPIC 1:

  • Arquitectura de Sistema
  • Instalación de Linux e Mantemento de Packages
  • Comandos GNU e Unix
  • Dispositivos, Sistema de ficheiros Linux e Xerarquía Estándar de Sistemas de ficheiros Linux
  • Shells, Scripting e administración de datos
  • Interfaces e Escritorios
  • Tarefas de Administración
  • Servizos Básicos de Sistema
  • Fundamentos de Rede
  • Seguridade
Dirixido a :

Dirixido a persoas que queiran iniciarse profesionalmente na administración de sistemas operativos Linux.

Para un máximo aproveitamento do curso, é recomendable que os/as asistentes dispoñan de coñecementos básicos no sistema operativo Linux.

Perfil do docente :

Os/As formadores/as son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso LPI) para impartir estes cursos e pasaron con éxito as probas de formación de formadores/as.

  • Duración :
    80 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

LPI 101-500: Administración de Linux - Parte I

101: Arquitectura do sistema

  1. Determinar e configurar Hardware
  2. Arrincar o sistema
  3. Cambiar niveis de execución e apagar ou reiniciar o sistema

102: Instalación de Linux e xestión de paquetes

  1. Deseño do esquema de disco
  2. Instalar un xestor de arranque
  3. Xestionar librarías compartidas
  4. Uso de paquetes Debian
  5. Xestión de paquetes RPM e yum
  6. Linux na virtualización

103: Comandos GNU e UNIX

  1. Traballar en liña de comandos
  2. Procesamiento de texto mediante filtros
  3. Xestión básica de ficheiros
  4. Uso de streams, pipes e redirecciones
  5. Crear, monitorizar e eliminar procesos
  6. Modificar as prioridades de execución de procesos
  7. Buscar en ficheiros de texto usando expresións regulares
  8. Operacións de edición básica de arquivos con vi

104: Dispositivos, Sistemas de arquivos de Linux e xerarquía estándar do sistema de ficheiros

  1. Creación de particións e sistemas de arquivos
  2. Mantemento da integridade do sistema de arquivos
  3. Montar e desmontar sistemas de arquivos
  4. Xestionar permisos e propiedade de arquivos
  5. Crear e modificar enlaces simbólicos e duros
  6. Atope arquivos do sistema e coloque os arquivos na ubicación correcta

LPI 102-500: Administración de Linux - Parte 2

105: Intérpretes de comandos, scripts e xestión de datos

  1. Personalizar e usar o intérprete de comandos
  2. Personalizar e crear scripts simples

106: Interfaces de Usuario e Escritorio

  1. Instalar e configurar x11
  2. Configurar un xestor de pantalla
  3. Accesibilidade

107: Tarefas Administrativas

  1. Xestionar contas de usuario e grupos e arquivos relacionados
  2. Automatizar as tarefas de administración do sistema planificando traballos
  3. Localización e Internacionalización

108: Servizos esenciais do sistema

  1. Manter a hora do sistema
  2. Logs do sistema
  3. Funcionamento básico de servidores de correo (MTAs)
  4. Impresión e xestión

109: Coñecementos básicos de rede

  1. Coñecementos básicos de protocolos de Internet
  2. Configuración básica de rede
  3. Detectar problemas de rede
  4. Configurar un cliente DNS

110: Seguridade

  1. Tarefas de xestión de seguridade do sistema
  2. Protexer un sistema
  3. Protexer datos mediante encriptación