Implementación e administración de bases de datos SQL Server 2016 « Atrás
Tipo de edición Edición única (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 05/06/2019
Data fin 21/06/2019
Certificación oficial Si
Exame Exam 70-764: Administering a SQL Database Infrastructure
Nº inscritos 149
Datos da edición
  • Período de inscrición : 26/04/2019 - 06/05/2019
  • Proba de selección : 09/05/2019 (17:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 05/06/2019 - 21/06/2019
  • Criterios de selección :
    • Proba previa técnica

O temario do curso desenvólvese seguindo os diferentes obxectivos da certificación MCSA SQL Server 2016 Database Administration (Microsoft Certified Solutions Associate). Demostra que se posúen as habilidades e coñecementos necesarios para a instalación, mantemento, configuración e tarefas de aprovisionamento de base de datos. 

Os temas que se tratan no curso resultan de gran utilidade en múltiples áreas de solucións IT nunha contorna empresarial, axudando a reducir os custos e incrementando a eficiencia.

Obxectivos :

O/A alumno/a estará capacitado/a para demostrar que posúe as habilidades e coñecementos necesarios para a instalación, mantemento, configuración e tarefas de aprovisionamento de base de datos e permitiralle aspirar a un posto de especialista en infraestruturas ou administrador/a de base de datos.
 
Este curso está orientado á obtención dos coñecementos necesarios para converter ao/á alumno/a en Administrador/a de Bases de Datos Microsoft SQL Server. 

Dirixido a :

O curso está dirixido a profesionais TI que desexan adquirir coñecementos e habilidades na utilización da nova versión Microsoft SQL Server 2016 para o posto de administrador/a de bases de datos.  

Para un correcto aproveitamento dos contidos do curso, recoméndase que os/as asistentes dispoñan de experiencia na utilización dun sistema operativo Microsoft Windows, comprensión de conceptos de bases de datos relacionales, incluíndo deseño de bases de datos lóxicas e físicas, conceptos de integridade de datos, relacións entre táboas e columnas (clave principal e clave externa, un a un (one- to- one), un a moitos ( ne- to- many), e moitos a moitos  many- to- many). Ademais, deberá estar familiarizado/a co papel do administrador/a da base de datos.

É necesario ter a capacidade de ler textos técnicos en inglés.

Perfil do docente :

Os nosos  formadores son persoas con máis de 5 anos de experiencia en áreas de alta especialización técnica nos ámbitos de aplicación. Dispoñen das certificacións oficiais do fabricante (neste caso Microsoft) para impartir estes cursos.

  • Duración :
    52 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Microsoft Corporation
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 10 horas

Administración de infraestrutura de base de datos SQL:

  1. Seguridade en SQL Server
  2. Asignación de roles de Servidor e Base de datos
  3. Authorizing Users to Access Resources
  4. Protección de datos mediante encriptación e auditorías
  5. Modelos de recuperación e estratexias de copias de seguridade
  6. Creación de copias de seguridade de base de datos en SQL Server
  7. Recuperación de base de datos en SQL Server
  8. Automatización da administración de SQL Server
  9. Configuración de seguridade para axente SQL Server
  10. Monitoraxe de SQL Server con alertas e notificacións
  11. Introdución á administración de SQL Server con PowerShell
  12. Rastrexo de acceso a SQL Server con eventos estendidos
  13. Monitoraxe en SQL Server
  14. Troubleshooting SQL Server
  15. Importación e exportación de datos

 

Aprovisionamento de bases de datos SQL:

  1. Compoñentes de SQL Server 2016
  2. Instalación de SQl Server 2016
  3. Actualización de SQL Server a SQL Server 2016
  4. Implantación de SQL Server en Microsoft Azure
  5. Utilización de Bases de datos
  6. Opcións de almacenamento de bases de datos
  7. Mantemento de base de datos