AWS Certified SysOps Administrator « Atrás
Tipo de edición Edición única tarde (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 08/06/2020
Data fin 19/06/2020
Certificación oficial Si
Exame AWS Certified SysOps Administrator - Associate
Nº inscritos 187
Datos da edición
  • Período de inscrición : 15/05/2020 - 25/05/2020
  • Proba de selección : 28/05/2020 (16:00)
  • Horario : De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 16 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 08/06/2020 - 19/06/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Este curso está pensado para ensinar, aos/ás responsables da administración de sistemas ou das operacións de desenvolvemento (DevOps), a crear implementacións automatizadas e repetibles de redes e sistemas na plataforma de AWS.

Neste curso trataranse as características e as ferramentas específicas de AWS relacionadas coa configuración e a implementación, así como as técnicas máis comúns utilizadas no sector para configurar e implementar sistemas.

 

 Para poder seguir o curso, o alumnado deberá dispoñer do seguinte equipamento mínimo:

  • Procesador Intel i3 ou similar
  • 2 GB de memoria RAM
  • 80 GB libres en disco
  • Auriculares e/con micrófono
  • Sistema operativo Windows ou macOS
  • Conexión a Internet
Obxectivos :
  • Utilizar características estándar da infraestrutura de AWS como Amazon Virtual Private Cloud (VPC), Amazon Elastic Compute Cloud (EC2),  Elastic Load Balancing e Auto Scaling da liña de comando
  • Utiliza AWS CloudFormation e outras tecnoloxías de automatización para producir pilas de recursos de AWS que se poidan implementar de maneira automatizada e  repetible
  • Crear dende cero redes virtuais privadas que funcionen con Amazon VPC mediante o uso da consola de administración de AWS
  • Implementar instancias de Amazon EC2 mediante chamadas á liña de comando e solucionar os problemas máis comúns das instancias
  • Monitoraxe do estado das instancias de Amazon EC2 e outros produtos de AWS
  • Administrar a identidade dos/as usuarios/as, os permisos de  AWS e a seguridade na nube
  • Administrar o consumo de recursos dunha conta de AWS mediante o uso de ferramentas como Amazon CloudWatch, Trusted Advisor
  • Seleccionar e implementar a estratexia máis adecuada para crear instancias de Amazon EC2 reutilizables
  • Configurar un conxunto de instancias de Amazon EC2 que se lanzan xunto cun balanceador de carga, mentres que o sistema póidase escalar cara arriba e cara abaixo en función da demanda
  • Editar a definición dunha pila básica de AWS CloudFormation e solucionar os seus problemas
Dirixido a :
  • Administradores/as de sistemas
  • Desenvolvedores/as de software, sobre todo aqueles/as que ocupan postos de operacións de desenvolvemento (DevOps)
Perfil do docente :

Instrutor/a certificado/a de Cisco Systems, arquitecto/a e instrutor/a AWS autorizado/a con 15 anos de experiencia no ensino informático.

Cunha sólida formación técnica en infraestruturas de TI e fortes habilidades analíticas. 

  • Duración :
    40 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Amazon Web Services
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Módulo 1:

  • Información xeral de operaciónde sistemas en AWS
  • Redes na nube
  • Informática na nube

Módulo 2:

  • Almacenamento e arquivado na nube
  • Monitoraxe na nube
  • Administración do consumo de recursos na nube

Módulo 3:

  • Administración da configuración na nube
  • Creación de implementacións escalables na nube
  • Creación de implementacións automatizadas e repetibles