Kanban e Lean para a xestión áxil de proxectos TIC « Atrás
Tipo de edición Edición única mañá (desempregados/as e ocupados/as)
Metodoloxía Virtual
Tipo CURSO
Matrícula Gratuíta
Data inicio 15/06/2020
Data fin 19/06/2020
Certificación oficial Si
Exame Kanban y Lean de Scrum Manager
Nº inscritos 175
Datos da edición
  • Período de inscrición : 22/05/2020 - 28/05/2020
  • Proba de selección : 02/06/2020 (10:00)
  • Horario : De luns a venres de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 20 (Mínimo 10)
  • Período de docencia : 15/06/2020 - 19/06/2020
  • Criterios de selección :
    • Proba técnica telemática

Curso práctico con exercicios e simulacións no que os/as asistentes aprenden os conceptos e aplicacións de Agile, Lean e Kanban; mentres descobren os principios para o deseño e implantación flexible de técnicas e artefactos kanban na súa empresa.

Un curso cunha visión aberta e flexible, máis aló de metodoloxías, baseada nos principios e a capacidade das persoas para deseñar o marco de traballo que se adapta á súa empresa, e non ao revés.

Obxectivos :

Experimentar a través de prácticas:

  • A potencia dos equipos auto organizados
  • O desperdicio da multitarefa
  • Principios, fortalezas e debilidades das diferentes contornas de produción PULL/PUSH
  • Os beneficios da limitación do traballo en curso (WIP)

Identificar as fortalezas da orientación Lean e as súas áreas de aplicación:

  • Lean/Agile
  • Fluxo continúo
  • Mellora continua da calidade
  • Sistemas de información e xestión visual Kanban

Aprender como crear unha contorna Lean para desenvolvementos/mantementos de proxectos TIC.

Descubrir como desenvolver a autoxestión de equipos apoiada con ferramentas Kanban.

Realizar prácticas reais de configuración de taboleiros kanban adecuados a cada situación:

  • Equipos de operación e mantemento
  • Desenvolvemento de produto
  • Desenvolvemento de proxectos

Coñecer técnicas de axuste do fluxo de traballo para evitar atascos e puntos mortos.

Dirixido a :

Xestores/as de proxectos e de empresas TIC, programadores/as, técnicos/as e calquera profesional interesado/a nas metodoloxías áxiles.

Non hai requisitos en relación ao equipamento informático, é suficiente un ordenador con micrófono (recomendable tamén cámara) e conexión a Internet para videoconferencia.

Perfil do docente :

Formador de xestión áxil de proxectos e de Scrum:

  • Certified Scrum Master 
  • Certified Scrum Product Owner.
  • Titor formación básica e avanzada para Scrum Manager
  • Profesor acreditado Scrum Manager
  • SAFe 4 Certified Agilist
  • Coach Agile e Scrum Master con experiencia real en proxectos de implantación de metodoloxías Agile en grandes organizacións
     
  • Duración :
    20 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Matrícula :
    Gratuíta
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Diploma de asistencia
    • Opción gratuita dun exame de certificación oficial
  • Módulos transversais :
    • Igualdade de 5 horas

Introdución:

  • Presentacións: actividade colaborativa con uso de Post-its e taboleiro
  • 5 Whys: Por que asistimos a este curso?

 
Sistemas Lean/Kanban;

  • Da artesanía á produción Lean
  • Lean e Kanban
  • Pensamento Lean
  • Lean como sistema
  • Lean aplicado a ti
  • Lean e axilidade
  • A promesa da axilidade

 
Cambio cultural:

  • Resistencia ao cambio
  • Descentralizar toma de decisións – auto organización
  • Xogo: O nó humano
  • Tomar a perspectiva do cliente
  • Refugar falsas crenzas
  • Canto tempo leva escribir un nome?
  • Xestión do cambio 

Visualizar o fluxo da cadea de valor:

  • Fluxo da cadea de valor
  • Cadea de valor
  • División do traballo
  • Fluxo na cadea de valor
  • Reducir o desperdicio
  • Visualizar o fluxo
  • Casos prácticos de taboleiros kanban

Establecer un sistema de arrastre (pull system) limitando o traballo en proceso (WIP, Work In Process)

  • Sistemas de arrastre
  • WIP - Traballo en proceso
  • The paper airplane game: experimentar un sistema de arrastre
  • Axustar a carga á capacidade
  • Sistema de arrastre e límites WIP
  • Buffers

Xestionar o fluxo para melloralo:

  • Atascos
  • Fames
  • Xestión visual do fluxo
  • Bugs
  • Bloqueos

Explicitar as políticas do proceso:

  • Visualización de clases de servizo
  • Clases de servizo
  • Niveles de servizo

Colaborar:

  • Comportamentos emerxentes
  • Reunións
  • Metas

Recoller datos e analizalos:

  • Métricas
  • Tempo de entrega
  • Tempo de ciclo
  • Capacidade
  • Diagrama de control estatístico
  • Diagrama de fluxo acumulativo

Simulación Kanban:

  • Simulación completa