FAQ : CONCEPTOS XERAIS

 

Como chegar ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia?

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) localízase na rúa Airas Nunes s/n, barrio de Conxo, de Santiago de Compostela. O edificio ubícase na  zona sur do desenvolvemento urbano de Santiago  a carón da igrexa e mosteiro de Santa María de Conxo.

Para máis información consulte a sección Mapa de Acceso.

 

Onde se publica a información das actividades e eventos do Centro?

A información relativa ás actividades e eventos programados publicarase na páxina web do CNTG  (https://cntg.xunta.es). Caso de que teña algunha dúbida ou requira dalgunha información adicional pode poñerse en contacto co persoal do Centro a través dos números de teléfono ou correo electrónico que  figuran na sección Contacto da nosa páxina web.

 

Que tipo de formación se vai impartir?

Será unha formación práctica, intensiva, de calidade, orientada ao mundo laboral e con actualizacións continuas e permanentes a novos produtos e versións O noso obxectivo é formar profesionais cualificados naquelas tecnoloxías con implantación no mercado e coas que o profesional vai interactuar no momento de desenvolver un posto de traballo.

A acción formativa está constituída polo contido específico e os módulos transversais.

 

¿Qué diferenza hay entre os cursos en teleformación e os virtuais?

Na modalidade de teleformación o/a alumno/a pode seguir a formación no horario que elixa durante as datas nas que figure aberta a plataforma dixital (datas establecidas para a realización do curso).

Na modalidade virtual os cursos realízanse a distancia pero nas datas e no horario establecido, do mesmo xeito que se foran presenciais pero coa diferenza de que a docencia faise en liña e de forma interactiva.

 

Son gratuitos os cursos?

As actividades formativas do Centro terán carácter gratuíto.