FAQ: ADMISIÓN

 

En que consiste a proba de selección?

Con carácter xeral a proba de selección, cunha duración de 30 minutos, estará composta dun cuestionario tipo test relacionado coa temática do curso. O número de preguntas do cuestionario dependerá de cada proba concreta.

Máis información en: Criterios de selección

 

Inscrición en varias edicións do mesmo curso

O alumnado inscrito nas dúas edicións dun mesmo curso poderá escoller entre presentarse á proba da mañá ou á proba da tarde (pero só a unha delas), o resultado obtido computaráselle para ambas edicións. No caso de presentarse á proba da edición de mañá xa non poderá realizar a proba da edición de tarde.

 

Estou admitido no curso solicitado?

A presentación dunha solicitude para participar nunha acción formativa non implica a admisión automática no curso, debéndose agardar á publicación da relación de alumnos admitidos. Naqueles cursos nos que se produza, con carácter previo ao inicio da actividade formativa, a renuncia dalgún dos admitidos a participar no curso se acudirá á lista de reserva para cubrir as prazas sen adxudicar.

 

Pódense realizar varios cursos simultaneamente?

Dentro da programación formativa para o emprego da Consellería de Emprego e Igualdade, programación á que pertence a oferta de formación do CNTG, os alumnos que resulten seleccionados para un curso non poderán asistir en ningún caso a outro simultaneamente.