FAQ : ASISTENCIA

 

É obrigatoria a asistencia ás actividades formativas?

O persoal admitido a unha actividade formativa de carácter presencial deberá acreditar  a súa asistencia polo menos no 85% das horas lectivas de dita actividade.

Aos efectos de garantir a presenza na actividade formativa do persoal admitido o Centro poderá utilizar diversos métodos de control como a sinatura de partes de asistencia. A sinatura dunha lista de control no nome ou en lugar doutro implica, para a persoa asinante, a súa automática exclusión do curso sen que se lle expida, en ningún caso, o certificado de asistencia.

Estes criterios non se aplicarán naquelas actividades que, pola súa propia natureza non requiran control de presenza, tales como conferencias e coloquios.

 

Existen posibles penalizacións aos alumnos?

Se o aspirante seleccionado para a realización dunha actividade docente decide non asistir a ela, deberá comunicar obrigatoriamente a súa renuncia, vía fax ou correo electrónico, ao Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, dentro do prazo que para curso se estableza expresamente. De non facelo así, e salvo motivo debidamente xustificado, non poderá inscribirse nin realizar ningunha outra actividade formativa (cursos) no prazo de un (1) ano a contar dende a data de comezo do curso ao que non asistiu.

Similar penalización, 1 ano a contar a partir do día seguinte ao de remate da acción formativa, se aplicará, agás causa debidamente xustificada, a aqueles alumnos admitidos a unha acción formativa que non cumprisen o número mínimo de horas de presenza obrigada.

Aos alumnos que abandonen un curso, excepto no suposto de inserción laboral ou causas de forza maior, seralles igualmente de aplicación a penalización antes citada. 

 

Que documentación se entrega aos asistentes aos cursos?

En todos os cursos a impartir no CNTG os alumnos recibirán diverso material e documentación relacionada coa materia a tratar que poderá ser en soporte dixital ou de papel. Por tratarse de documentación oficial do fabricante que imparte a formación ou polo carácter novidoso dos contidos a desenvolver, esta documentación estará redactada en inglés en determinadas accións formativas.

A documentación a entregar, dependendo do curso, será entregada en soporte dixital ou de papel.