FAQ : DIPLOMAS E CERTIFICACIÓNS

 

Como se obtén o diploma acreditativo de asistencia a un curso?

A realización dun curso, previo cumprimento da cota mínima de presenza definida no punto anterior para actividades formativas con metodoloxía presencial, permite obter o diploma acreditativo de ter realizado dita formación.

 

Como se obtén unha certificación profesional?

Para obter unha determinada certificación profesional o/a interesado/a deberá estar en posesión do diploma acreditativo de ter realizado dita formación no propio CNTG e superar o correspondente exame certificador que se realizará no idioma que estableza a entidade certificadora e que poderá ser diferente do galego e/ou castelán. O CNTG comunicará aos alumnos con posibilidades de obter dita certificación as datas, horarios e o procedemento a seguir para optar a realizar a proba por unha única vez e de balde nas instalacións do centro.

En todo caso se a obtención dunha certificación profesional inclúe a obrigatoriedade de realizar varios exames, o CNTG da Consellería de Traballo e Benestar unicamente asumirá o custo de un deles.

 

Cando se realizan as probas de certificación?

Con carácter xeral, existindo excepcións puntuais de determinados cursos, anualmente se convocarán tres períodos certificadores: Un en xaneiro, para aqueles cursos realizados no cuarto trimestre de cada ano; outro en abril para aquelas actividades impartidas no primeiro trimestre, e unha terceira en xuño para aquelas accións formativas impartidas no segundo trimestre de cada ano natural. Estas datas son orientativas e poderán estar suxeitas a cambio como consecuencia do desenvolvemento e evolución de cada programa formativo.