NOVAS DE FORMACIÓN

Volver á páxina Índice
« Atrás

Inscrición ás probas de certificación de EC-Council (CEH e CHFI)

Rexistro ata: 5/05/2021

Inscrición para reservar data e hora nos exames correspondentes ás xornadas de certificación de EC-Council (exclusivamente alumnado que recibiu a formación no CNTG, durante o 1º trimestre de 2021).

En concreto para os seguintes cursos, en todas as súas edicións:

  • Certified Ethical Hacker
  • Certified Hacking Forensic Investigator

As probas de certificación terán lugar os días 11 e 12 de maio, á 9:00 horas e ás 15:30 horas, nas instalacións do CNTG.

O prazo de rexistro será exclusivamente dende o mércores 28 de abril ás 9:00 horas ata o mércores 5 de maio ás 24 horas, nesta ligazón.

Lembrámoslles que diversas fases relativas á tramitación e rexistro das solicitudes de exame serán efectuadas pola empresa PUE Data SL, contratada polo CNTG como empresa certificadora oficial que, para realizar estes trámites, poderá solicitarlles determinados datos de carácter persoal.

O alumnado deberá acudir con máscara, comprobar con anterioridade que non supera os 37,5 ºC de temperatura corporal nin que presenta síntomas compatibles ca COVID-19 e manter o distanciamento social durante a súa permanencia no Centro.