NOVAS

Volver á páxina Índice
« Atrás

PROBLEMAS DE ACCESO AO NOVO PORTAL

---

Como se indicaba no correo que se remitiu o pasado 7 de agosto, cando se cambiou o portal do CNTG:

  • Unha das súas novas características é unha maior integración co Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) dependente, como o CNTG, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria
  • O seu usuario no novo portal, debido a esta integración, será o seu DNI completo precedido dunha letra D, ou ben o seu NIE precedido da letra E. En ambos casos sempre con todas as letras en maiúsculas, sen signos de puntuación no DNI/NIE (espazos, puntos ou guións) e complementado con ceros os 8 díxitos do DNI ou os 7 do NIE (DNI 1.234.567-A => D01234567A e o NIE X 123.456-A => EX0123456A)
  • No referente ao seu contrasinal será o mesmo do SPEG se está, ou estivo, algunha vez de alta neste servizo, no resto dos casos manterase a actual chave de acceso

E sempre poderá obter un novo contrasinal mediante o botón Solicitar novo contrasinal da pantalla de identificación.

De seguir a ter problemas, e dada a dependencia do portal do SPEG, deberá enviar un correo a emprego@xunta.es dende a conta onde quere recibir o contrasinal. Nel indique nome, apelidos, DNI/NIE e que desexa un contrasinal para entrar só no CNTG.