NOVAS

Volver á páxina Índice
« Atrás

MODIFICADO 18/03/2020 18:52: Inscrición ás probas de certificación de MAIO

Probas cambiadas para o 5 e 6 de maio. Volveranse abrir novos prazos de rexistro.

MODIFICACIÓN: Debido ás incidencias provocadas polo COVID-19 estas probas previstas para o 1 e 2 de abril movéronse ao 5 e 6 de maio, e as certificacións de MySQL e VMware faranse en virtual (recibirá instruccións da empresa formadora ao respecto)

MODIFICACIÓN 2: As inscricións anteriores quedan canceladas. Volveránse abrir novos prazos de rexistro según se aproxímen as data de exámenes.

Inscrición para reservar data e hora nos exámenes correspondentes ás xornadas de certificación de maio (exclusivamente alumnado que recibiu a formación no CNTG durante o 1º trimestre de 2020).

En concreto para os siguientes cursos, en todas as súas edicións:

A realizar presencialmente no CNTG:

  • Certified Ethical Hacker
  • Google Cloud Certified Professional Cloud Developer
  • Google Cloud Certified Professional Data Engineer

A realizar virtualmente:

  • Administración de bases de datos MySQL
  • Instalación, configuración e xestión de VMware vSphere v6.7

As probas de certificación presenciais tendrán lugar os días 5 e 6 de maio en xornada de mañá e tarde nas instalacións do CNTG.

O prazo de inscripción estará aberto dende o martes 10 de marzo ás 9:00 horas ata o martes 24 de marzo ás 24 horas, nesta ligazón.

Lembrámoslle que diversas fases relativas á tramitación e rexistro das solicitudes de exame serán efectuadas pola empresa Proyecto Universidad Empresa (PUE), contratada polo CNTG como empresa certificadora oficial que, para realizar estes trámites, podrá solicitarlles determinados datos de carácter personal.