Noticias Portlet

Volver á páxina Índice
« Atrás

Samba 4.0 como servidor de arquivos e de dominio

Xoves 6 de xuño, ás 16:30 horas

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 6 de xuño de 2019, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre Samba 4.0 como servidor de Arquivos e de Dominio.

As necesidades tecnolóxicas das empresas de todo tamaño implican un elevado investimento, tanto en equipos como en licenzas de software, que poden impedir o seu crecemento .

Neste seminario veremos como cun investimento moito menor e utilizando ferramentas de sofware libre, e coa adecuada formación, podemos crear as infraestructuras necesarias  para satisfacer as necesidades tecnolóxicas dunha empresa de calquera tamaño, desde unha PYME a unha gran empresa

Aprenderemos a montar un servidor de arquivos centralizados con Samba sobre Linux.

O ponente será Enrique Castillo, instrutor certificado en Linux Professional institute, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT e máis de 10 anos como instrutor en Linux.

O acceso á xornada, previa inscripción que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuito e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.