Noticias Portlet

Volver á páxina Índice
« Atrás

DevOps de microservizos con Red Hat OpenShift

Xoves 13 de xuño, ás 10:00 horas

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 13 de xuño de 2019, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar nas instalacións do centro unha xornada sobre DevOps de microservizos con OpenShift de Red Hat.

A xornada ten por obxectivo explicar os fundamentos técnicos básicos e proporcionar os coñecementos necesarios para empezar a traballar coa ferramenta.

A axenda de contidos a tratar será a seguinte:

  • Introdución
    • Que é OpenShift?
    • O mundo dos contedores en Linux
    • Docker, que é?
    • Kubernetes, Docker orquestrado
    • OpenShift, o PaaS a un novo nivel
  • Instalación
    • Instalar Docker
    • Instalar o cliente de OpenShift
    • Arrancar un clúster
  • Integrar DevOps con OpenShift
    • Repositorio de contidos con control de versións
    • Uso básico do GitCreación dun proxecto, código e contorna DEV en OpenShift
    • Despregamento do código e CI/CD  con OpenShift
    • Creación da contorna PROD en OpenShift
    • Promoción dunha aplicación entre diferentes contornas

Intervirá Juan Antonio Coello, instructor oficial de Red Hat (RHCi) e que tamén conta coas certificacións oficiais de Red Hat Certified Enginer, Red Hat Certified Specialist in OpenShift Development and Administration e Red Hat Certified Specialist in Ansible. Docente en Edustance SL, con ampla experiencia en formación.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 12 de xuño. Pode inscribirse no evento a través desta ligazón.

O acceso á xornada, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.