Documentación sobre a obriga de realizar os módulos formativos transversais

O módulo transversal é de obrigada realización para obter o diploma de asistencia ao curso e, de ser o caso, poder realizar o exame de certificación.

De acordo co disposto no artigo 26.1 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro (DOG núm. 32, do 17 de febreiro), polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, na totalidade das actividades formativas de formación profesional, ocupacional e continua ou de inserción laboral activa financiadas pola consellería competente en materia de traballo introducirase un módulo formativo sobre igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre corresponsabilidade familiar e doméstica, cunha duración de cinco horas nos cursos de duración menor ou igual a cincuenta horas e de dez horas nos cursos de duración superior a cincuenta horas.

O alumnado que teña realizado este módulo, e previa xustificación documental desta circunstancia, non terá a obriga de volver a realizalo.

A previa realización dun módulo de 5 horas non exime de facer o módulo de 10 horas.

A previa realización do módulo de 10 horas exime de realizar o de 5 horas.

 

 

Descargar pdf

Descargue o documento informativo