NOVAS DESTACADAS

Volver á páxina Índice
« Atrás

Exame de certificación do curso Administración de sistemas operativos Linux (LPIC1)

Rexistro ata: 19/04/2021

Debido á actual situación por causa da COVID19 non se poderá levar a cabo a certificación en modalidade presencial no CNTG como adoita ser habitual.

Por iso o Linux Professional Institute, ante esta situación, permitiu excepcionalmente realizar as probas de certificación correspondentes ao curso Administración de sistemas operativos Linux -edición de 2/12/2020 a 3/03/2021- (LPI-101 e LPI-102) en modalidade en liña e supervisión remota.

Para iso o alumnado deste curso, autorizado polo CNTG, recibirá da empresa formadora, Factor Humano Formación, un correo electrónico coas instrucións e o voucher para a inscrición ao primeiro dos exames. O prazo de rexistro será exclusivamente ata o 19/04/2021.

Para realizar o segundo exame da certificación, o alumnado deberá solicitar o correspondente voucher, que terá unha validez de 6 meses, a administracion@factorhumanoformacion.com remitindo unha copia do correo de rexistro do primeiro exame e o xustificante de habelo superado.

Lémbrase que a plataforma de formación pecharase o 25 de abril, posteriormente xa non se poderá utilizar para repaso ou consulta.