Proposta de valor
A estratexia do CNTG oriéntase cara á mellora e formación continua dos profesionais, e xa que logo da capacidade competitiva das empresas, que desenvolven a súa actividade no eido das novas tecnoloxías, sector este que, xerando calidade e produtividade sostible, permite a mellora dos servizos e posibilita a redución de desequilibrios territoriais.
Dende a certeza de que o coñecemento é un factor de produtividade, entendemos que, mesmo cas tecnoloxías, os equipos humanos poden quedar obsoletos se ignoran a potencialidade da formación continua como medio de actualización permanente. Este convencemento lévanos a definir e deseñar unha programación de actividades formativas, de carácter intensivo e non regulado, cunha clara orientación laboral e que responda ou se anticipe ás necesidades que o mercado de traballo demande en cada momento.
A orientación laboral do CNTG reflíctese na definición dunhas actividades formativas intensivas e cun deseño axeitado á demanda do mercado. Son actividades a realizar en colaboración con empresas punteiras e cun recoñecido prestixio no sector e mediante un escollido equipo de poñentes e relatores ou técnicos, certificados nos diversos produtos desenvolvidos polos fabricantes tecnolóxicos.
As funcións do Centro resúmense nos seguintes apartados:

- | Realización de actividades formativas. Inclusión na oferta da posibilidade de obter certificacións oficiais dos fabricantes. |
- | Detección de tendencias tecnolóxicas e anticipación na formación de profesionais. |
- | Desenvolvemento de xornadas de sensibilización sobre novas oportunidades e ameazas do mercado. |
- | Establecemento dun modelo estable de colaboración Administración-Empresa. |
- | Enlace e ponte entre a formación académica regulada e a demanda do mercado laboral. |
- | Apoio loxístico a diversas entidades na realización de actividades relacionadas co marco competencial do CNTG. |
- | Papel dinamizador como centro de demostración de novas tecnoloxías e ferramentas. |
- | Apoio á industria galega. Escaparate de produtos e desenvolvementos de empresas da nosa comunidade. |
- | Organización de seminarios, eventos e reunións. |