Quen somos
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organízase como un centro con xestión e dirección pública encadrado na estrutura orgánica da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
O noso obxectivo primordial é contribuír na formación, dende a propia Galicia, dun colectivo profesional dinámico e tecnicamente preparado que saiba dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo da nosa comunidade relacionados coas novas tecnoloxías e a sociedade da información.
Partindo da premisa de que o capital intelectual posúe un peso cada vez maior no desenvolvemento da actividade económica, o CNTG orientará a súa actividade cara aos profesionais dos sectores privado e público, ocupados ou en busca de emprego, que demanden formación técnica de alto nivel relacionada co mundo das novas tecnoloxías.
Os alicerces sobre os que iniciamos a nosa andaina baséanse nos seguintes valores:
- | Compromiso coa sociedade galega. |
- | Principio de neutralidade tecnolóxica. |
- | Potenciación dunha contorna colaborativa e participativa entre o Centro e as empresas, agrupacións empresariais, asociacións multisectoriais e profesionais do sector. |
O CNTG conta cun sistema de calidade que abarca a "PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE DESEÑO E XESTIÓN DA FORMACIÓN NON REGRADA PARA O EMPREGO EN MATERIA DE NOVAS TECNOLOXÍAS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN" que se realizan nas súas instalacións.