RSS

 

Qué é?

RSS é un formato de documento. Está baseado no XML conforme especificacións publicadas polo World Wide Web Consortium (W3C). Constitúen unha familia de documentos tipo para actualizar as novidades e novas dun sitio web. Os documentos, xeralmente chamados "RSS feeds", lense mediante lectores, RSS readers, denominados agregadores, "aggregators". Recentemente anticipouse cas funcións dos agregadores estarán incorporadas nos browsers dos navegadores web.

 

Cal é o seu uso?

Utilizase xeralmente para publicar os titulares de novas e as entradas aos blogs e outras informacións. Constantemente aparecen novos usos, especialmente no mundo da educación.

 

Que pode facer un sitio web con RSS?

- Manter unha web fresca e actualizada. Utilizando ferramentas, pódese importar alimentación de novas dende outros sitios e mostralas nunha web actualizada permanentemente.

- Publicar novas, artigos... como arquivos RSS para a súa difusión.

 

Que pode facer RSS para os usuarios en xeral ?

Comunicar novas, información, artigos, novidades, posibilitar entretemento sen ter que navegar por cada sitio e buscar as súas actualizacións etc.. Con RSS podes apuntarte a aquelas novas e novidades cun reader (lector), o cal de xeito automático chequea todos os sitios seleccionados e vai mostrando os novos contidos que son engadidos.

 

Como podo recibilos?

Para poder recibir as novas, pincha sobre a imaxe RSS, copia a URL e engádea ao  teu lector de RSS favorito.

 

Novas
Formación
Emprego
Eventos
Eventos
Todas as novas e eventos
Novas e eventos