Fundamentos de Python para a xestión e automatización de rede « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 26/05/2021
Data fin 26/05/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 05/05/2021 - 05/05/2021
  • Horario : O 26/05/2021 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 60
  • Período de docencia : 26/05/2021 - 26/05/2021

As habilidades da administración de rede están a evolucionar desde o enfoque tradicional de xestión e resolución de problemas baseado no uso das interfaces de liña de comandos, ata as redes programables e a automatización.

Esta xornada inclúese dentro dunha serie de workshops sobre tecnoloxías emerxentes do programa Cisco Networking Academy, que se articula como unha secuencia de talleres curtos nos que se presentan tecnoloxías relacionadas coa administración de redes mediante a realización de exercicios prácticos.

Cunha orientación eminentemente práctica, presentarase o Model Driven Programmability, que permite realizar cambios de forma transaccional mediante a definición de modelos de dispositivos estandarizados e API.

Nesta primeira sesión os/as asistentes poderán familiarizarse cos fundamentos de Python necesarios para comezar a desenvolver traballos de automatización, así como aprender novos conceptos relacionados coa programabilidad de redes, traballando con sistemas reais.

O relator da xornada será Francisco Javier Nóvoa, enxeñeiro en Informática pola Universidade de Deusto e doutor en Informática pola Universidade da Coruña, á que se incorporou como profesor no ano 2007. Actualmente é o coordinador na devandita universidade do Máster Interuniversitario de Ciberseguridade que se imparte conxuntamente coa Universidade de Vigo, onde coordina a materia Redes seguras. Javier colaborou intensamente no desenvolvemento do programa Cisco Networking Academy no Grupo Academia Postal desde os inicios do programa en España, en 1999. Dispón de diferentes certificacións CCNA, CCNA Security, CCNA CyberOps e CCNP Enterprise, entre outras.

 

Requisitos:

Será necesario un computador con 8 GB de memoria RAM, acceso a Internet, o navegador Google Chrome coa extensión JSONView, Python 3, Postman e a última versión de Oracle VirtualBox. Utilizarase unha máquina virtual para despregar un dispositivo Cisco IOS virtualizado. Especificaranse as instrucións de instalación.

Obxectivos :

Aprender novos conceptos relacionados coa programabilidad de redes e a automatización, traballando con sistemas reais. Abordaranse os fundamentos necesarios para realizar tarefas básicas de automatización baseadas en Python. A xornada desenvolverase en base á realización de exercicios prácticos.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • O intérprete de  Python
  • Tipos de datos, variables e conversións
  • Listas e dicionarios
  • Entrada de datos
  • Condiciones e bucles
  • Acceso a ficheiros
  • Librerías de utilidade para administración de rede