ITIL 4 Managing professional Drive Stakeholders Value (DSV) « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 05/05/2021
Data fin 05/05/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 18/04/2021 - 29/04/2021
  • Horario : O 5/05/2021 de 15:00 a 19:00 horas.
  • Número de prazas : 200
  • Período de docencia : 05/05/2021 - 05/05/2021

A cualificación ITIL 4 Drive Stakeholder Value (DSV) ten como obxectivo proporcionar unha comprensión de todos os tipos de compromisos e interaccións entre un provedor de servizos e os seus clientes, os seus usuarios, os seus provedores e os seus asociados, incluíndo conceptos clave de CX, UX e mapeo de viaxes (Customer Journey).

O relator será Óscar Corbelli, está graduado en Ciencias económicas e licenciado en Administración de empresas, é ITIL Expert, así como asesor de empresas en xestión e goberno TI; posúe varias certificacións, entre elas, Yellow Belt en Lean Six Sigma, Prince2 e Outsourcing de IAOP.
Óscar é autor do libro “Las trampas de la integración” e de varios vídeos educativos como “El ciclo de vida está en su mano” e " Itílicos anónimos", tamén foi coordinador do grupo de tradución do glosario ITIL.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • ITIL
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución: conceptos básicos da biblioteca ITIL4
  • Service Value System: sistema de co-creación de valor e eficiencia entre a organización IT e os clientes
  • Service Value Chain: o seu obxectivo, actividades e relacións cos produtos e servizos de valor
  • Entender como se deseña unha Viaxe do cliente, como analizar un sector de mercado e como promover as relacións entre as partes interesadas
  • Coñecer como se relacionan Provedor IT e Cliente na definición da demanda e a oferta, aliñando expectativas e acordando os niveis de servizo
  • Coñecer como se prepara (onboard) a usuarios e operadores IT para usar e prover servizos
  • Coñecer como se asegura a continuidade na co-creación de valor e como se valida devandito valor (resultados, custos, riscos, facturación)