Introdución ás tecnoloxías hiperconverxentes con VMware vSAN « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 22/04/2021
Data fin 22/04/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 12/04/2021 - 16/04/2021
  • Horario : O 22/04/2021 de 16:00 a 20:00 horas.
  • Número de prazas : 200
  • Período de docencia : 22/04/2021 - 22/04/2021

A adopción das tecnoloxías de clusterización hiperconverxentes no mundo da virtualización está a crecer e constitúe unha opción moi interesante fronte ás de arquitecturas clásicas baseadas en almacenamento proporcionado por cabinas externas.

Esta xornada introduce os conceptos básicos deste tipo de despregamentos e revisa a implementación de VMware vSAN como exemplo de solución.

O relator da xornada será Pedro Canela, enxeñeiro técnico de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid. Acumula unha carreira profesional de máis de 25 anos desenvolvendo labores de soporte, servizos profesionais,  preventa e formación en diversas empresas de tecnoloxías da información e empresas de formación. É instrutor oficial de VMware desde hai máis de 13 anos.

Obxectivos :

Introducir aos/ás asistentes aos conceptos da hiperconverxencia e entender as bases da solución VMware vSAN.

 

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • VMware
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia

Hiperconverxencia
Fundamentos da arquitectura VMware vSAN
Xestión de máquinas virtuais con vSphere Storage Policies en vSAN
A protección fronte a fallos proporcionada por vSAN
Revisión das funcionalidades máis relevantes