Fundamentos de Kanban « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 27/05/2021
Data fin 27/05/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 12/05/2021 - 12/05/2021
  • Horario : O 27/05/2021 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 100
  • Período de docencia : 27/05/2021 - 27/05/2021

O método Kanban é un conxunto de principios e prácticas que proporcionan aos seus utilizadores a habilidade de equilibrar demanda e capacidade, empregando para iso numerosas técnicas que permitirán dar forma á demanda e mellorar a capacidade.

A utilización de Kanban nas organizacións permite alcanzar a axilidade a distintos niveis (Business agility) escalando os principios e prácticas, así como os propios sistemas Kanban. Isto proporciona ás organizacións a robustez de procesos ben definidos e orientados perfectamente ao seu propósito (fit for purpose), xunto á capacidade de adaptarse de maneira coordinada aos cambios que se producen nos mercados e contornas nos que deben operar e competir.

Ao longo desta xornada os/as asistentes poderán coñecer, con exemplos reais, como o método Kanban pode axudarlles/as a comprender formas distintas de xestionar o traballo, orientadas a mellorar a súa produtividade e mantendo un ritmo sostible de maneira indefinida.

O relator será Javier Morillo Oteo, Agile coach e formador con máis de 30 anos de experiencia no sector TIC. Durante quince anos foi account delivery executive (ADE) de Hewlett Packard Enterprise como responsable do servizo en contas de tamaño medio-grande e xestionando os equipos de Delivery e de Oficina de proxectos.
Actualmente forma parte do equipo de Estratecno, participando en transformacións áxiles/dixitais como coach áxil e formador experto en Scrum, SAFe, Kanban, Lean e ITIL. Conta con experiencia como scrum master en compañías de sectores como banca, seguros e telecomunicacións, acompañando a equipos e organizacións na súa traxectoria cara á utilización de métodos áxiles.

Obxectivos :
  • Coñecer os principios de xestión do cambio e xestión do servizo do método Kanban, así como os principios xerais que sustentan ao mesmo.
  • Obter unha visión xeral do Kanban Maturity Model, usado como folla de roteiro para a introdución evolutiva do método Kanban nas organizacións.
  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución a Kanban
  • Prácticas xerais
  • Que é o método Kanban?
  • Elementos visuais do método Kanban
  • Implantación de Kanban - Kanban Maturity Model