Como comezar e consolidar unha transformación Agile, recomendacións e erros a evitar « Atrás
Datos da edición
  • Período de inscrición : 09/06/2021 - 09/06/2021
  • Horario : O 15/06/2021 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 100
  • Período de docencia : 15/06/2021 - 15/06/2021

Durante esta sesión, e sempre dende unha perspectiva Agile, abordarase como e por onde comezar unha transformación na compañía e como consolidala. Así mesmo, analizaremos as recomendacións máis importantes para evitar os erros comúns co que nos podemos atopar.

A transformación que necesitan as compañías non é unha transformación dixital baseada na tecnoloxía, se non unha transformación baseada nas persoas, no modelo de traballo e no modelo xerencial ou de xestión da compañía.

Isto quere dicir que os roles de management, rrhh, finanzas, márquetin, estratexia, etc., teñen que ser partícipes ao 100 % deste tipo de transformacións.

É preferible realizar a transformación de abaixo a arriba, ou ao revés?, por onde comezamos?, isto é só para os técnicos?… a estas e outras preguntas que poidades ter tentaremos dar resposta baseada sempre na experiencia.

Apoiarémonos en diferentes marcos de traballo Agile, así como de escalado, que impactan e poden involucrar a toda a compañía se así o desexamos.

O relator da xornada será Ángel Galán Carretero, formador e senior agile coach, consultor SAFe e release train engineer; estando certificado por Scrum Alliance como Scrum Master e como Scrum product owner. Ángel, posúe máis de 20 anos de experiencia en proxectos de transformación Agile en administracións públicas, pequenas e medianas empresas; tamén desempeñou funcións de xerente de unidade de negocio e responsable de Delivery.

Obxectivos :

Dispor dunha visión completa do impacto dunha transformación  agile nunha compañía, a todos os niveis da mesma, así como formas de abordala tentando non caer nos problemas habituais.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Axilidade: revisión dos conceptos básicos
  • Marcos de traballo para equipos
  • SAFe: marco de traballo para transformacións empresariais
  • Beneficios, recomendacións e problemáticas en cada nivel
  • Modelos de implementación baseados en casos reais