Solución de problemas comúns nun clúster de Kubernetes « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 31/12/2020
Data fin 31/12/2020
Datos da edición
  • Período de inscrición : 30/12/2020 - 30/12/2020
  • Horario : O 31/12/2020 de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 31/12/2020 - 31/12/2020

Esta xornada proporcionaralle algunhas ideas para a solución dos problemas comúns que pode atopar có seu clúster de Kubernetes.

Os problemas de Kubernetes non sempre son fáciles de detectar. Nalgúns casos, os erros son obvios e poden resolverse facilmente; noutros, é posible que a aplicación implementada non responda, pero detectar o erro require que profunde e execute varios comandos para identificar que saíu mal.

O relator da xornada será Alberto García, docente en Factor Humano Formación, con máis de 15 anos de experiencia como formador e técnico especializado na administración de sistemas, virtualización, cloud en contornas Linux e en arquitecturas Middleware. Posúe, entre outras, certificacións en LPIC-1, LPIC-2, LPIC-3 Administrator, VCP, Oracle Solaris System Administration e MCITP.

  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Kubernetes, conceptos básicos
  • Tipos de obxectos
  • Estratexias de despregamento en Kubernetes
  • Helm
  • Solución de problemas nos despregamentos de Kubernetes
    • Definición de compoñentes e as súas relacións
    • Conectando despregamento e servizos
    • Conectando servizos e Ingress
    • Depuración Ingress-Nginx