Xestión Agile do portfolio de proxectos « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 22/05/2020
Data fin 22/05/2020
Datos da edición
  • Período de inscrición : 15/05/2020 - 15/05/2020
  • Horario : O 22/05/2020 de 10:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas : 100
  • Período de docencia : 22/05/2020 - 22/05/2020

Nesta xornada abordarase a xestión Agile e Lean de portfolios desde unha perspectiva de escalado da axilidade nas organizacións. Para iso analizarase a capa de portfolio do framework SAFe.

Un dos principais desafíos das organizacións que queren abordar unha transformación Agile é a reorganización da contorna a Value Streams.

Nesta xornada veremos os principais conceptos de Lean Portfolio Management como Temas Estratéxicos, OKRs, Value Streams e Lean Budgeting.

Durante a xornada mostraranse os pasos para realizar unha xestión Agile e Lean do portfolio dende como formular a estratexia ata a xeración de produtos e servizos, pasando pola xestión áxil de orzamentos e a evolución do portfolio para alinearse coa visión e a estratexia.

O relator da xornada será José Moro Melón, Senior Project Manager, PMP, Professional Scrum Master, SAFe Program Consultant (SPC)  e Scrum Manager. José axuda ás organizacións a mellorar os seus resultados implementando e optimizando cun enfoque AGile e Lean os seus programas,  portfolios e ferramentas PPM.  Con amplia experiencia en  metodologías áxiles e preditivas, formador de Project Managemen en diversas escolas de negocio, Senior Agile Coach & Trainer e especializado en: Project management, Portfolio management, Lean, Leadership, Team building, Scrum, Agile, PMO designer e Contract management.

Actualmente, formando parte do equipo de Estratecno, proporciona servizos de estratexia e implantación de proxectos de transformación Agile especializado na área de deseño de PMO Agile e centros de excelencia Agile. Formador do curso SAFe Lean Portfolio Management.

Obxectivos :

Introducir ao framework SAFe na capa de portfolio e a súa relación, beneficios e riscos para apoiar unha transformación Agile das organizacións nesa capa.

Dirixido a :

Responsables de departamentos e equipos de organizacións en proceso de transformación con coñecementos/experiencia básica previa relacionada con Agile/Scrum.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución a Lean Portfolio Management
  • Estratexia e financiamento do portfolio
  • Portfolio Roadmap
  • O día a día na xestión do portfolio
  • Xestión Lean do orzamento