Metodoloxía | Virtual |
---|---|
Tipo | SEMINARIO |
Data inicio | 03/07/2020 |
Data fin | 03/07/2020 |
Nesta xornada introducirémonos nos conceptos básicos da Machine learning (ML) e veremos como utilizar Amazon SageMaker para implementar todos os pasos do adestramento dun modelo (pipeline) de principio a fin.
O relator será Javier Carrera, cloud engineer con máis de 20 anos de experiencia en consultoría e formación, está especializado en cloud computing, DevOps, Big data/Machine learning e Docker/Kubernetes. Javier é Amazon Authorized Instrutor Champion, Google Cloud Platform Authorized Trainer e Docker Authorized Instrutor.
O CNTG facilitará os correos electrónicos das persoas rexistradas á empresa organizadora da xornada, para que esta poida crearlles e comunicarlles as ligazóns de acceso á sesión, que deberían recibir o día anterior ao evento (revise o cartafol de spam se non é así).
O prazo de inscrición pode pecharse antes da data indicada se se cobren as prazas dispoñibles.
Identificar os pasos a seguir para aplicar a Machine learning a problemas de negocio, usando tecnoloxia de AWS.
- Duración :
3 horas - Metodoloxía :
Virtual - Tecnoloxía :
- Amazon Web Services
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
- Tipos de Machine learning
- Introdución ás tarefas do proceso
- Formulación do problema
- Análise exploratorio de datos
- Preprocesamento de datos
- Feature engineering
- Entrenamento e optimización de modelos
- Evaluación e produtización de modelos
- Amazon SageMaker Ground Truth
- Amazon SageMaker Notebooks
- SageMaker Training e SageMaker Inference