Xeración e distribución de malware « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 01/06/2021
Data fin 01/06/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/05/2021 - 26/05/2021
  • Horario : O 01/06/2021 de 10:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas : 500
  • Período de docencia : 01/06/2021 - 01/06/2021

Durante esta xornada mostraranse os mecanismos para xerar e distribuír malware empregados nas auditorías de hacking ético. Tamén se revisarán as últimas tácticas de análises de malware para ransomware, malware bancario e financeiro, botnets de IoT, análise de malware OT, malware de Android, etc.

Ademais, presentaranse os ataques fileless. Dado que o malware fileless é unha forma relativamente nova de ataque de malware, as organizacións teñen dificultades para detectalo con solucións de seguridade.

A xornada estará centrada na taxonomía das ameazas de malware, técnicas de ofuscación para evitar o antivirus, lanzar malware a través da inxección baseada en script e lanzar malware sen arquivos.

O relator da xornada será David Sierra Alegre, enxeñeiro de Telecomunicación e senior technical trainer en PUE. Certificado como formador de tecnoloxías EC-Council, conta con máis de 15 anos de experiencia como formador e consultor experto en redes, sistemas e ciberseguridade.

Como valor engadido, dende PUE, training partner oficial de EC-Council, xestionarase o acceso gratuíto a todos/as os/as asistentes á xornada a un practice test oficial de preparación da certificación Ethical Hacking Associate (EHA).

Obxectivos :

Capacitar ao alumnado para protexerse do malware; porque o malware (especialmente no caso do ransomware) é o maior vector de ataque utilizado pola ciberdelincuencia e o que causou máis brechas de seguridade durante os últimos anos.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • EC-Council
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Últimas tácticas de análises de malware para ransomware
  • Ataques fileless
  • A taxonomía das ameazas de malware
  • Técnicas de ofuscación para evitar o antivirus
  • Lanzamento de malware a través da inxección baseada en script
  • Lanzamento de malware sen arquivos