Programación dende cero do minixogo 2D: 'Meteoritos: acaba con eles!' « Atrás
Datos da edición
  • Período de inscrición : 06/05/2021 - 19/05/2021
  • Horario : O 24/05/2021 de 16:00 a 20:00 horas.
  • Número de prazas : 500
  • Período de docencia : 24/05/2021 - 24/05/2021

Unity é un motor de videoxogos 3D que nos permite, con certos coñecementos de programación e de recursos gráficos (o que se adoita chamar ‘arte’), poder realizar produtos de entretemento para un mercado sediento de novas experiencias de lecer.

Esta ferramenta soubo sacar o máximo potencial ofrecendo a través do seu editor gráfico a oportunidade de entrar neste apaixonante mundo como programador, podendo habilitarnos para iso a través da prestixiosa certificación Unity: Certified User Programmmer.

Durante esta xornada tratarase de crear desde cero (con recursos gráficos existentes) un xogo 2D de 'nave espacial', coa que deberemos esquivar e/ou destruír asteroides de varias dimensións e velocidades. Para iso deberemos programar con C# os movementos da nave, ademais de disparar tentando destruír os asteroides que podamos.

Mostrarase como programalo e dar control aos diferentes elementos da escena espacial, poñendo énfase no rol do programador dentro das fases de creación dun xogo 2D.

O relator da xornada será Ricardo Jaume Albacar, con máis de 15 anos de experiencia en docencia e diversas certificacións, que combina o seu traballo de Senior Technical Trainer en PUE como instrutor acreditado do programa https://www.pue.es/pue-academy/unity-certified-user, coa participación activa en interesantes traballos de mentoring para equipos de ‘ startup’.

Como valor engadido, dende PUE (training partner oficial de UNITY) xestionarase o acceso gratuíto a todos/as os/as asistentes á xornada a un Practice Test oficial de preparación da certificación Unity: Certified User Programmmer.

Obxectivos :

O obxectivo da xornada é, a través da creación dun sinxelo xogo, introducir aos asistentes nas habilidades necesarias para a programación con Unity, como implementar escenarios, escribir código en C# para a interacción dos distintos axentes de escena ou a obtención dos coñecementos fundamentais e as habilidades de programación necesarias para o desenvolvemento dun produto de lecer 2D sinxelo.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Unity
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución ao mundo dos videoxogos
  • Roles na realización dun produto de entretemento
  • Introdución á contorna Unity
  • Presentación do editor e do contorno de desenvolvemento
  • Creación dunha escena
  • Creación de obxectos na escena
  • Programación de comportamentos e interaccións
  • Despregue do produto