Programación de dispositivos de rede II: RESTConf e NetConf « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 16/06/2021
Data fin 16/06/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/06/2021 - 10/06/2021
  • Horario : O 16/06/2021 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 50
  • Período de docencia : 16/06/2021 - 16/06/2021

Co constante incremento do tamaño das redes modernas e a frecuencia coa que se require realizar cambios para cumprir cos obxectivos do negocio, configurar, administrar e automatizar redes a través do uso da liña de comandos dos dispositivos de rede é unha tarefa pouco efectiva e propensa a erros. Na actualidade, aplícanse novos protocolos e técnicas para proporcionar modelos estandarizados que permiten a configuración e administración de dispositivos de rede, servidores e máquinas virtuais mediante, entre outros, o uso de API a nivel de dispositivo NetConf e RESTConf.

Esta xornada inclúese dentro dunha serie de workshops sobre tecnoloxías emerxentes do programa Cisco Networking Academy, que se articula como unha secuencia de talleres curtos nos que se presentan tecnoloxías relacionadas coa administración de redes mediante a realización de exercicios prácticos.

Nesta xornada presentaranse o Model Driven Programmability, que permite realizar cambios de forma transaccional mediante a definición de modelos de dispositivos estandarizados e API a nivel de dispositivo NetConf e RESTConf. Desenvolveranse exemplos de interacción con dispositivos de rede Cisco. O enfoque da sesión será eminentemente práctico.

O relator da xornada será Francisco Javier Nóvoa, enxeñeiro en Informática pola Universidade de Deusto e doutor en Informática pola Universidade da Coruña, á que se incorporou como profesor no ano 2007. Actualmente é o coordinador na devandita universidade do Máster Interuniversitario de Ciberseguridade que se imparte conxuntamente coa Universidade de Vigo, onde coordina a materia Redes seguras. Javier colaborou intensamente no desenvolvemento do programa Cisco Networking Academy no Grupo Academia Postal desde os inicios do programa en España, en 1999. Dispón de diferentes certificacións CCNA, CCNA Security, CCNA CyberOps e CCNP Enterprise, entre outras.

 

Requisitos:

É altamente recomendable que os/as asistentes teñan coñecementos básicos de Python.

Será necesario un computador con 8 GB de memoria RAM, acceso a Internet, o navegador Google Chrome coa extensión JSONView, Python 3, Postman e a última versión de Oracle VirtualBox. Utilizarase unha máquina virtual para despregar un dispositivo Cisco IOS virtualizado. Especificaranse as instrucións de instalación.

Obxectivos :

Aprender novos conceptos relacionados coa programabilidade de redes e a automatización, traballando con sistemas reais. Abordaranse as competencias básicas de programabilidade de dispositivos de rede, automatización da configuración e das tarefas de xestión utilizando as API a nivel de dispositivo NetConf e RESTConf. A xornada desenvolverase en base á realización de exercicios prácticos.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Programabilidade de redes:
    • Plano de control e Plano de datos
    • Interfaces API programables 
    • Laboratorio