Desenvolvemento de aplicacións reactivas con Spring 5 « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 29/06/2021
Data fin 29/06/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 02/06/2021 - 24/06/2021
  • Horario : O 29/06/2021 de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 500
  • Período de docencia : 29/06/2021 - 29/06/2021

Nesta xornada analizaremos as vantaxes asociadas a un modelo de programación reactivo, e veremos como Spring 5 pode axudarnos a implementalo de extremo a extremo.

Comprenderemos o modelo de bucle de eventos (Event Looping) e familiarizarémonos con Spring 5 Reactive, Project Reactor, Flux e Mono.

Ao final da xornada conseguiriamos:

  • Comparar o modelo de programación reactiva co modelo de programación imperativa, e comprender os seus principais beneficios
  • Introducirnos en Spring 5 Reactive, Project Reactor e as súas clases Flux e Mono
  • Implementar API REST reactivas
  • Implementar repositorios reactivos accedendo a Cassandra e MongoDB mediante Spring 5

O relator da xornada será César Martín, cunha ampla experiencia en linguaxes de programación e ferramentas de desenvolvemento, está certificado por Oracle en Java SE e WebLogic 12c. César é senior technical trainer en  PUE e nos seus máis de 20 anos de experiencia en formación e consultoría realizou traballos para a Xunta de Galicia, a Universitat de Barcelona, o Ministerio de Defensa, o Exército do Aire, a Policia Nacional, Ingeniería y Sistemas de las Fuerzas Armadas ou o Banco Santander e, a nivel internacional, o CERN, o Bank Stockholm, Vodafone Europe ou o Riyad Bank, entre outras empresas.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Java
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución ao modelo de programación reactiva (Event Looping)
  • Introdución a Project Reactor: Flux e Mono
  • Desenvolvemento de API reactivas en Spring 5
  • Persistencia reactiva dos datos