ITIL 4 Managing professional High Velocity IT (HVIT) « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 11/06/2021
Data fin 11/06/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 04/06/2021 - 07/06/2021
  • Horario : O 11/06/2021 de 10:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas : 200
  • Período de docencia : 11/06/2021 - 11/06/2021

A cualificación ITIL 4 High Velocity IT (HVIT) está dirixida aos/ás xerentes e profesionais das TI que participan no deseño, desenvolvemento e entrega de servizos dixitais ou en proxectos de transformación dixital, e que traballan en contornas onde se require unha alta velocidade de innovación e cambio.

O relator será Óscar Corbelli, está graduado en Ciencias económicas e licenciado en Administración de empresas, é ITIL Expert, así como asesor de empresas en xestión e goberno TI; posúe varias certificacións, entre elas, Yellow Belt en Lean Six Sigma, Prince2 e Outsourcing de IAOP.
Oscar é autor do libro “Las trampas de la integración” e de varios vídeos educativos como “El ciclo de vida está en su mano” e " Itílicos anónimos", tamén foi coordinador do grupo de tradución do glosario ITIL.

Obxectivos :

Proporcionar unha comprensión da forma en que as organizacións dixitais e os modelos operativos dixitais funcionan en contornas de alta velocidade, centrándose na entrega rápida de produtos e servizos para obter o máximo valor.

A presentación proporcionará unha comprensión das prácticas de traballo Agile e Lean, e prácticas e tecnoloxías técnicas como cloud, automatización e probas automáticas.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • ITIL
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución: conceptos básicos da biblioteca ITIL 4
  • Service Value System: sistema de co-creación de valor e eficiencia entre a organización IT e os clientes
  • Service Value Chain: o seu obxectivo, actividades e relacións cos produtos e servizos de valor
  • Os novos conceptos asociados á transformación dixital e á alta velocidade das organizacións TI
  • Valiosos investimentos, desenvolvementos rápidos, operacións resilientes, co-crear valor e asegurar cumprimentos obrigatorios
  • Entender a alta velocidade asociada ao SVSystem, ao SVChain e ás 4 dimensións
  • Introdución dos conceptos de cultura sa, Lean, Agile e design thinking
  • Coñecer como contribúen as prácticas de  porfolio, relacións, despregamentos, dispoñibilidade, capacidade, problemas, continuidade, service desk, deseño, seguridade e riscos