VMware Carbon Black, a nova visión da seguridade do teu datacenter « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 17/06/2021
Data fin 17/06/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/06/2021 - 14/06/2021
  • Horario : O 17/06/2021 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 200
  • Período de docencia : 17/06/2021 - 17/06/2021

Carbon Black, a última adquisición de VMware, é unha plataforma para a protección dos equipos da contorna ou endpoints; a través dun pequeno axente lixeiro é capaz de interpretar cal é a utilización habitual da contorna para, grazas ao seu sistema intelixente, protexernos de calquera tipo de ameaza de seguridade que xurda.

Do mesmo xeito que o usuario e a password non son suficientes coas novas formas que os/as hackers teñen para obtelos -ata a chegada da autenticación de múltiples factores-; bloquear os malwares e protexerche de virus coñecidos xa está obsoleto, de aí a necesidade desta ferramenta automatizada, centralizada e fácil de usar a través da súa consola.

O relator será Ruben Lorente, consultor e instrutor oficial de varias tecnoloxías punteiras como VMware, Amazon Web Services e Veeam Backup; con máis de 15 anos de experiencia en deseño e administracion de contornas virtualizadas. Posúe varias das certificacións e acreditacións máis recoñecidas no mundo das tecnoloxías da información.

Obxectivos :

Obter unha visión actualizada desta ferramenta e de como protexer os teus endpoints dos novos ataques cada vez máis sofisticados dos/das hackers.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • VMware
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Que é VMware Carbon Black EDR?
  • Compoñentes e funcionalidades
  • Administración
  • Implementar threat intelligence feeds e crear watchlists para notificacións automáticas
  • Resumo e preguntas