Xestión Lean-Agile do portfolio de proxectos « Atrás
Metodoloxía Virtual
Tipo SEMINARIO
Data inicio 21/06/2021
Data fin 21/06/2021
Datos da edición
  • Período de inscrición : 15/06/2021 - 15/06/2021
  • Horario : O 21/06/2021 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 100
  • Período de docencia : 21/06/2021 - 21/06/2021

Unha xestión áxil do portfolio é, a día de hoxe, un factor crave para calquera compañía que necesite mellorar ou afianzar o seu posicionamento no mercado.

Un modelo de porfolio baseado en marcos de traballo tradicionais que non nos permitan virar ou modificar a nosa estratexia cando o necesitemos, deixarannos fóra do mercado en pouco tempo.

Unha das cousas máis desexadas polo management das compañías é a previsilidade a medio-longo prazo. Isto pódese conseguir, podendo desta maneira tomar decisións estratéxicas para a nosa compañía.

Veremos, utilizando o marco de escalado SAFe, como poder xestionar os temas estratéxicos, traballar e coñecer as nosas cadeas de valor, mesmo como realizar orzamentos áxiles.

O relator da xornada será Ángel Galán Carretero, formador e senior agile coach, consultor SAFe e release train engineer; estando certificado por Scrum Alliance como Scrum Master e como Scrum product owner.
Ángel, posúe máis de 20 anos de experiencia en proxectos de transformación Agile en administracións públicas, pequenas e medianas empresas; tamén desempeñou funcións de xerente de unidade de negocio e responsable de Delivery.

Obxectivos :

Dispor dunha visión global ao máis alto nivel da compañía de como poder implementar, dende a formulación estratéxica ata a xeración de produtos ou servizos, cun modelo áxil.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • Scrum Manager
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución á xestión do portfolio
  • Visión, estratexia, orzamentos e xestión
  • Roadmap e execución
  • Aprendizaxe e previsibilidade
  • Modelos de implementación baseados en casos reais