Metodoloxía | Presencial |
---|---|
Tipo | SEMINARIO |
Data inicio | 23/10/2019 |
Data fin | 23/10/2019 |
Esta xornada dividirase en dúas partes. Na primeira mostraranse as novas acreditacións publicadas por Microsoft para a certificación de coñecementos nos diferentes roles profesionais de Azure:
- Microsoft Certified Azure Administrator Associate
- Microsoft Certified Azure Developer Associate
- Microsoft Certified Azure Solutions Architect Expert
Farase especial énfase nos perfís aos que se dirixe cada acreditación e as habilidades técnicas que se abordan con cada un dos roles certificados.
Na segunda parte da xornada levarase a cabo un taller práctico baseado en como trasladar cargas de traballo ao Cloud de Azure. Os puntos que se tratarán serán:
- Análise da contorna on-premise
- Requisitos de negocio
- Identificando cargas
- Traslado vs transformación
- Priorización de cargas ou servizos
- Estratexias de migración
- Caso práctico
O acceso ao evento é gratuíto e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas non inscritas estará supeditado á existencia de prazas libres o día de celebración da xornada.
Como valor engadido, dende Proyecto Universidad Empresa (PUE SL), training partner oficial de Microsoft, xestionarase o acceso gratuíto a todos/as los/as asistentes á xornada a un Practice Test de preparación da certificación Microsoft Technical Certifications -MTC- Azure Fundamentals (AZ-900).
O obxectivo da xornada é coñecer as novas acreditacións publicadas por Microsoft para a certificación de coñecementos nos diferentes roles profesionais de Azure, así como realizar de maneira practica unha análise da contorna on-premise coñecendo os requisitos da contorna e identificando cargas.
- Duración :
4 horas - Metodoloxía :
Presencial - Tecnoloxía :
- Microsoft Corporation
- Beneficios :
- Certificado de asistencia
1. Novas acreditacións publicadas por Microsoft para a certificación de coñecementos nos diferentes roles profesionais de Azure:
- Microsoft Certified Azure Administrator Associate
- Microsoft Certified Azure Developer Associate
- Microsoft Certified Azure Solutions Architect Expert
2. Taller práctico sobre cargas de traballo ao Cloud de Azure:
- Análise da contorna on-premise
- Requisitos de negocio
- Identificando cargas
- Traslado vs transformación
- Priorización de cargas ou servizos
- Estratexias de migración
- Caso práctico