Clusters de Alta Dispoñibilidade para Servidores Linux « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 26/09/2019
Data fin 26/09/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 03/09/2019 - 25/09/2019
  • Horario : O 26/09/2019 de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 26/09/2019 - 26/09/2019

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 26 de SETEMBRO de 2019, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre Samba 4 como servidor de Arquivos e de Dominio.

O seminario ten por obxecto; presentar as redes empresariais que precisan de sistemas, de Clústers Alta Dispoñibilidade en servidores Linux, abordando as necesidades a nivel de hardware e configuración de software para a creación do clústers Activo/Pasivo, Activo/Activo, con Pacemaker como xestor de Clústers, abordaranse configuracións para servizos (Apache, Tomcat, NFS, Mysql), sobre tecnoloxías de almacenamento centralizado como ISCSI, NFS, DRBD, GFS2.

Tamén se abordar toda a xestión do clúster, desde iniciar e parar recursos, migrar recursos de nodos, backup e restore da configuración do noso clúster.

O acceso ao seminario, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON rexistradas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Obxectivos :

Presentar as redes empresariais que precisan de sistemas de Clústers Alta Dispoñibilidade en servidores Linux.

Dirixido a :

A xornada vai dirixida especialmente a técnicos informáticos, desarrolladores e directores técnicos que desexen aprender sobre a tecnoloxía linux e a súa potencialidade e beneficios.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
Cluster, conceptos básicos.
•   Alta dispoñibilidade
•   Pacemaker como xestor de clustering HA
•   Pcsd / Pacemaker / Corosync
•   Instalación e configuración e xestión de Pcsd / Pacemaker / Corosync
•   Fence/STONITH
•   Almacenamento: SAN, NAS, DAS, DRBD. Comparación
•   Xestión de servizos en cluster, NFS, Tomcat, Apache, Mysql
•   Equilibrador de Apache, haproxy
•   Balanceadores para entornos Docker / Swarm / Kubernetes