Prácticas áxiles, certificación PMI-ACP « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 20/09/2019
Data fin 20/09/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 08/07/2019 - 19/09/2019
  • Horario : O 20/09/2019 de 10:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 20/09/2019 - 20/09/2019

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o día 20 de setembro de 2019, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar nas instalacións do centro unha xornada sobre as prácticas ágiles.

Co fin de ter éxito na nova economía e a globalización, existe un debate entre os expertos acerca do uso de metodoloxías tradicionais e a procura de novas formas de xestionar os proxectos de desenvolvemento de software. A axilidade é a habilidade de responder ao cambio, o poder de moverse rápida e facilmente en contornas desafiantes e cambiantes.

A xestión Agile é unha filosofía, non un proceso ou método específico. Foi orixinada como unha resposta á xestión de proxectos tradicional para brindar flexibilidade e adaptabilidade nas contornas de desenvolvemento.

Esta xornada brindará unha visión de alto nivel acerca dos proxectos áxiles, os seus principios e valores, a relación cos métodos tradicionais, os métodos áxiles existentes, os roles e as responsabilidades asociadas, os dominios nos que se divide o comportamento esperado nunha xestión de proxectos áxil.

A relatora será Isabel Díaz, participou e dirixiu equipos de desenvolvemento de proxectos que involucran os seus coñecementos en análises de sistemas de información e de negocios. A súa carreira profesional desenvolveuse principalmente en Bos Aires e en España, como asesora de empresas de servizos e participando na dirección de empresas de formación privadas de ensino oficial e tamén como formadora. Actualmente é Training Manager en Tecnofor.

O acceso ao evento, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración da xornada.

Obxectivos :
  • Mostrar aos asistentes as habilidades e os coñecementos necesarios para aplicar con éxito as prácticas Agile na vida real 
  • Dar as bases para usar ferramentas e técnicas áxiles, como a priorización baseada en valores, a xestión de riscos, a negociación de habilidades sociais, a calidade do produto, a estimación ou a análise e o deseño Agile
  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • PMI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución
  • Manifesto áxil e principios áxiles
  • Métodos e enfoques áxiles
  • Diferenzas entre enfoques tradicionais e áxiles
  • Funcións e responsabilidades
  • Ciclo de vida dun proxecto áxil
  • Dominios áxiles