Automatización de tarefas de administración en dispositivos de rede Cisco mediante Python « Atrás
Datos da edición
  • Período de inscrición : 12/11/2019 - 09/12/2019
  • Horario : O 10/12/2019 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 10/12/2019 - 10/12/2019

A administración de sistemas e redes evolucionou enormemente nos últimos anos debido á necesidade de levar a cabo cada vez unha maior cantidade de tarefas de forma áxil. Isto desembocou no nacemento da metodoloxía  DevOps para a xestión áxil de sistemas e posteriormente NetDevOps para facilitar o ciclo de vida da administración de redes.

Unha das primeiras fases polas que deben pasar os administradores e enxeñeiros de rede que se queiran iniciar neste paradigma é a familiarización con Python e moitas das librerías das que dispón para realizar tarefas de relacionadas co networking.

Cisco, como fabricante líder de dispositivos de rede, é consciente desta nova realidade e incorporou á súa  portfolio de cursos e certificacións esta tecnoloxía. A nova certificación CCNA inclúe conceptos relacionados coa automatización de redes, e mesmo desenvolveu unha nova certificación con formación asociada denominada CCNA Devnet.

Nesta charla taller presentarase Python como linguaxe de programación de redes utilizando librerías de uso habitual para estas tarefas.

O relator da xornada será Francisco J. Nóvoa, enxeñeiro en Informática pola Universidade de Deusto e doutor en Informática pola Universidade da Coruña, á que se incorporou como profesor no ano 2007. Actualmente é o coordinador na devandita universidade do Máster Interuniversitario de  Ciberseguridad que se imparte conxuntamente coa Universidade de Vigo, onde imparte a materia Redes seguras. Participou en máis de 40 proxectos de I+D+i e é coautor tamén de máis de 40 publicacións en revistas de impacto e congresos científicos. En Grupo Academia Postal formou parte do equipo de instrutores pioneiro que comezou a implantar o programa Cisco Netacad en España desde 1999. Posúe as certificacións CCNA R&S, CCNA Security, CCNA CyberOps e CCNP R&S, entre outras.

Obxectivos :

Presentar a linguaxe de programación Python como ferramenta de desenvolvemento de utilidades de automatización en tarefas de configuración de rede, usando librerías baseadas en software libre.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Cisco Systems
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Fundamentos de Python para administradores de rede
    • Estruturas  e sentencias básicas
    • Traballo con ficheiros
    • Acceso ás funcións de sistema operativo
  • Librarías de referencia para automatización de tarefas de rede