O software libre e a liberdade de elección tecnolóxica « Atrás
Datos da edición
  • Período de inscrición : 13/05/2020 - 13/05/2020
  • Horario : O 26/05/2020 de 17:00 a 20:00 horas.
  • Número de prazas : 100
  • Período de docencia : 26/05/2020 - 26/05/2020

Vivimos rodeados de dispositivos tecnolóxicos que forman parte intrínseca da nosa vida, así como o seu software unha necesidade para poder utilizalos, sen eles non poderiamos traballar, gozar do lecer ou comunicarnos.

Ese necesario software está, en gran medida, xestionado por empresas que nos atan a elas, obrígannos a un pago de licenzas e a un monopolio de produtos que non sempre cobren as nosas necesidades.

Se podemos elixir os nosos dispositivos, por que non escoller tamén o software que executamos neles? Cada vez máis, o software libre é a resposta.

O relator da xornada será Enrique Castillo, instrutor certificado polo Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación - Escuela Internacional de Postgrado, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT, consultoría de software libre e instrutor en Linux.

Obxectivos :
  • Coñecer as diferenzas entre o software libre e o propietario
  • Entender as claves das licenzas libres
  • Descubrir as posibilidades existentes de software libre para todo tipo de dispositivos e funcións
     
  • Duración :
    3 horas
  • Metodoloxía :
    Virtual
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Diferenzas entre as licenzas tradicionais e as libres
  • O software como ferramenta crave nas nosas día a día
  • Aplicacións, usos e vantaxes do software libre
  • Exemplos de aplicación do software libre no noso día a día