Kubernetes Fundamentals « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 11/09/2019
Data fin 11/09/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 03/09/2019 - 10/09/2019
  • Horario : O 11/09/2019 de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 11/09/2019 - 11/09/2019

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 11 de SETEMBRO de 2019, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre KURBENETES FUNDAMENTALS.

O seu equipo está a comezar a usar Kubernetes para a orquestración de contedores? Necesita pautas sobre como comezar a transformar a súa organización con Kubernetes e patróns nativos da nube? Gustaríalle simplificar a orquestración de contedores de software e atopar unha maneira de aumentar o seu uso de Kubernetes sen agregar complexidade de infraestrutura? Entón leste é o Seminario é para vostede! 

Neste Seminario, discutiremos algúns dos conceptos básicos de Kubernetes e falaremos sobre a arquitectura do sistema, os problemas que resolve e o modelo que utiliza para manexar implementacións en contedores e escalado. O acceso ao seminario, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuíto e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON rexistradas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Obxectivos :

Realizar unha introdución a Kubernetes, e inclúe instrucións técnicas sobre como implementar unha aplicación independente e de varios niveis.

Dirixido a :

Administradores e administradoras de sistemas e outras persoas interesadas no despregamento, mantemento e escalado de aplicacións.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia

• A orixe, a arquitectura, os compoñentes primarios e os compoñentes básicos de Kubernetes.
• Como configurar e acceder a un clúster de Kubernetes usando Minikube e clústers para desenvolvemento
• Conceptos de Kubernetes: Pod, RC/RS, Services, Deployments, Labels, Ingress, Balanceo de aplicacións despregadas en kubernetes
• Utilidad das comunidades de Kubernetes e cómo podes participar.