Kubernetes estratexias para o despregamento de aplicacións « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 19/09/2019
Data fin 19/09/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 03/09/2019 - 18/09/2019
  • Horario : O 19/09/2019 de 09:30 a 13:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 19/09/2019 - 19/09/2019

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 19 de SETEMBRO de 2019, de 9:30 a 13:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre Kubernetes estratexias para despregamento de aplicacións.

Kubernetes é o novo kernel para os sistemas distribuídos. Permítenos abstraer unha serie de aspectos non funcionais como son o Service Discovery e Load Balancing, o escalado e elasticidad das nosas aplicacións, self-healing, etc... e ademais define un interface uniforme que nos permite despregar workloads de forma transparente ao usuario.

Pero a xestión de versións a despregar, o seu empaquetado, o seu proceso de release (forward/rollback/upgrade), etc... xera unha serie de retos a ter moi presentes cando nos atopamos en contornos maduros de CI/CD.

Nesta xornada, imos aprender a instalalo, como buscar charts en repositorios e como despregar unha aplicación de exemplo

O acceso ao seminario, previa inscripción que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuito e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Obxectivos :

Unha introdución a Kubernetes  nas diferentes estratexias para o despregamento de aplicacións.

Dirixido a :

Administradores e administradoras de sistemas e outras persoas interesadas no despregamento, mantemento e escalado de aplicacións.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia

•    Conceptos básicos sobre arquitectura de kubernetes.
•    Obxectos en kubernetes
•    Deployments
•    Rolling Upgrade Deployments
•    Services
•    Diferencias entre servizos ClusterIP NodePort LoadBalacer
•    LivenessProbe/ReadinessProbe  
•    Secrets
•    Canary deployments
•    Blue-Green deployments 
•    Ingress/Traefik
•    Balanceo entre aplicacións en Kubernetes
•    Helm
•    Traballando con Helm en kubernetes