Democratizando o Big data, a Aprendizaxe automática e a Intelixencia artificial con Google Cloud « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 02/03/2020
Data fin 02/03/2020
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/02/2020 - 01/03/2020
  • Horario : O 02/03/2020 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 02/03/2020 - 02/03/2020

Con Google Cloud Platform (GCP) temos acceso á mesma infraestrutura, servizos e experiencia acumulada que utiliza Google para todos os seus servizos: Google Search, Gmail, Youtube, Ads, Analytics, G Suite…; pero ademais, nos casos do Big data (BD), a Aprendizaxe automática (ML) e a Intelixencia artificial (IA), temos acceso aos seus modelos de IA e ás súas implementacións de ferramentas open-source, administradas e con características extra.

Estes servizos administrados permítennos centrarnos nos procesos realmente importantes, análises de datos masivo a escala Google, IoT, adestramento de ML na nube e IA preparada e lista para usar. A capacidade, flexibilidade e escala da nube fai que despregar as nosas arquitecturas sexa moito máis sinxelo

Ademais, o BD/ML/IA é bastante complexo e necesita bastante experiencia de campo. Veremos varias maneiras coas que Google tenta democratizalo, para que chegue a todas as persoas e proxectos.

O relator da xornada será Marcos Manuel Ortega, consultor, arquitecto e formador en Cloud computing, Big data e IoT, especialista na GCP con máis de 7 anos de experiencia. É instrutor senior habitual de Tech Train Solutions, como formador autorizado de Google, e está certificado como Cloud Architect, Data Engineer, Cloud Developer, Cloud Networking Engineer e Associate Cloud Engineer.
Marcos traballou en proxectos para pequenas startups e grandes empresas, tamén formando a clientes crave da GCP, como o National Health Service ou o Department for Transport do Reino Unido.

Obxectivos :
  • Introducir á asistencia na Google Cloud Platform (GCP) como plataforma de Big data, Aprendizaxe automática e Intelixencia artificial
  • Mostrar como despregar diferentes arquitecturas e servizos de Big data na GCP
  • Proxectos open-source de Big data e Google
  • Diferencias entre Big data en on-premise e na nube
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Google Cloud
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Principais características da Google Cloud Platform (GCP) aplicadas ao Big data
  • BD/ML/IA + Google: unha historia de solucións open- source
  • Servizos e arquitecturas de Big data na GCP
  • Big data on premise vs en GCP
  • Democratizando a Aprendizaxe automática e a Intelixencia artificial