SystemD, o novo estándar de xestión de procesos Linux « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 13/06/2019
Data fin 13/06/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 07/06/2019 - 12/06/2019
  • Horario : O 13/06/2019 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 13/06/2019 - 13/06/2019

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 13 de xuño de 2019, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do centro unha xornada sobre SystemD, o novo estándar de xestión de procesos de Linux.

O modelo tradicional de xestión de procesos baseado en scripts de Linux, chamado SysV, atopouse un competidor con ganas de darlle a substitución nas súas funcións, SystemD. O novo sistema xerou unha das máis vivas polémicas dentro do mundo dos sistemas Linux, con detractores e defensores apaixonados que non ceden nas súas posicións. Nesta xornada imos coñecer as características, vantaxes e inconvenientes de SystemD, as diferenzas co seu predecesor, e as razóns polas que se está convertendo no novo estándar na xestión de procesos.

O relator da xornada será Enrique Castillo, instrutor certificado polo Linux Professional Institute, profesor titular en Factor Humano Formación - Escuela Internacional de Postgrado, con máis de 15 anos de experiencia no mundo IT, consultoría de software libre e instrutor en Linux.

O acceso ao evento, previa inscrición que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración da xornada.

Obxectivos :
  • Coñecer as características do novo sistema SystemD
  • Aprender as claves na xestión dos procesos con systemctl
  • Entender a arquitectura de SystemD e as posibilidades ao extraer todo o seu potencial
  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • SysV como sistema de xestión de procesos clásico: vantaxes e debilidades
  • SystemD: unha novo paradigma
  • Características e estrutura de SystemD
  • Diferentes escenarios de aplicación