Novo itinerario de certificacións Microsoft 365 con exemplos de implementacións de Office 365 « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 24/10/2019
Data fin 24/10/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 10/10/2019 - 23/10/2019
  • Horario : O 24/10/2019 de 10:00 a 14:00 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 24/10/2019 - 24/10/2019

Esta xornada dividirase en dúas partes. Na primeira mostraranse as novas acreditacións publicadas por Microsoft para a certificación de coñecementos nos diferentes roles profesionais de Microsoft 365:

  • Modern Desktop Administrator Associate
  • Messaging Administrator Associate 
  • Teamwork Administrator Associate
  • Security Administrator Associate
  • Enterprise Administrator Expert

Farase especial énfase nos perfís aos que se dirixe cada acreditación e as habilidades técnicas que se abordan con cada un dos roles certificados.

Na segunda parte da xornada levarase a cabo un taller práctico baseado na implementación de Office 365, centrado na identidade e seguridade. Os puntos que se tratarán serán: 

  • Planificando a integración de identidades On-premise e Cloud
  • Estratexias SSO en contornas híbridas
  • Securización de contornas de traballo con Office 365
    • Conceptos modernos de seguridade
    • Ferramentas de securización
    • Estratexias de securización da información
  • Caso práctico

O relator da xornada será Ferrán Vegas, Cloud Solutions Architech certificado como Microsoft Certified Trainer (MCT) e Senior Technical Trainer en PUE.

O acceso ao evento é gratuíto e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas non inscritas estará supeditado á existencia de prazas libres o día de celebración da xornada.

Obxectivos :

O obxectivo da xornada é coñecer as novas acreditacións publicadas por Microsoft para a certificación de coñecementos nos diferentes roles profesionais de Microsoft 365, así como realizar de maneira práctica unha implementación de Office 365, centrada na identidade e seguridade.

  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • Microsoft Corporation
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia

1. Novas acreditacións publicadas por Microsoft para a certificación de coñecementos nos diferentes roles profesionais de Microsoft 365:

  • Modern Desktop Administrator Associate
  • Messaging Administrator Associate 
  • Teamwork Administrator Associate
  • Security Administrator Associate
  • Enterprise Administrator Expert

2. Taller práctico baseado na implementación de Office 365, centrado na identidade e seguridade:

  • Planificando a integración de identidades On-premise e Cloud
  • Estratexias SSO en contornas híbridas
  • Securización de contornas de traballo con Office 365
    • Conceptos modernos de seguridade
    • Ferramentas de securización
    • Estratexias de securización da información
  • Caso práctico