Samba 4.0 como servidor de arquivos e de dominio « Atrás
Metodoloxía Presencial
Tipo SEMINARIO
Data inicio 06/06/2019
Data fin 06/06/2019
Datos da edición
  • Período de inscrición : 03/06/2019 - 05/06/2019
  • Horario : O 06/06/2019 de 16:30 a 20:30 horas.
  • Número de prazas : 232
  • Período de docencia : 06/06/2019 - 06/06/2019

Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Economía, Emprego e Industria, o próximo día 06 de junio de 2019, de 16:30 a 20:30 horas, terá lugar nas instalacións do CNTG un seminario sobre Samba 4 como servidor de Arquivos e de Dominio.

As necesidades tecnolóxicas das empresas de todo tamaño implican un elevado investimento, tanto en equipos como en licenzas de software, que poden impedir o seu crecemento .

Neste seminario veremos como cun investimento moito menor e utilizando ferramentas de sofware libre, e coa adecuada formación, podemos crear as infraestructuras necesarias para satisfacer as necesidades tecnolóxicas dunha empresa de calquera tamaño, desde unha PYME a unha gran empresa

Aprenderemos a montar un servidor de arquivos centralizados con Samba sobre Linux.

O acceso ao seminario, previa inscripción que se realizará en liña a través do portal web do CNTG, é gratuito e condicionado ao aforo do local. O acceso para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento.

Obxectivos :
  • Dar a coñecer solucións de software libre para suplir as necesidades dunha empresa, sen necesidade de utilizar software de pago.
  • Analizar a evolución do servidor Samba desde a súa versión 3 á nova versión 4.0
  • Duración :
    4 horas
  • Metodoloxía :
    Presencial
  • Tecnoloxía :
    • LPI
  • Beneficios :
    • Certificado de asistencia
  • Introdución ao servidor de arquivos Samba sobre Linux
  • Instalación e configuración básica
  • Casos de aplicación
    • Servidor de arquivos simple
    • Servidor membro dun dominio
    • Servidor de Directorio Activo para un dominio