Recoñecemento de carencia de ánimo de lucro



No caso de solicitar o recoñecemento de carencia de ánimo de lucro dos centros preexistentes, que figurasen inscritos no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, os centros deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. O patrimonio do titular do centro, ten carácter de irrepartible, agás a favor de entidades do mesmo carácter
  2. O titular do centro ten como finalidade primordial a integración de persoas con discapacidade en centros especiais de emprego
  3. A reinversión dos seus posibles beneficios ou excedentes faise no propio Centro Especial de Emprego ou noutros que carezan de ánimo de lucro

E achegar, ante o Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, a seguinte documentación:

  1. Solicitude de recoñecemento da condición de "sen ánimo de lucro"
  2. Certificación literal dos estatutos sociais do titular de centro, expedida polo rexistro onde figure inscrita a entidade
  3. Certificación literal dos estatutos sociais das entidades que participen indirectamente na entidade titular do centro de selo caso
  4. Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro
  5. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.