Cualificación como centros especiais de emprego


Para solicitar a cualificación como Centro Especial de Emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, deberá achegar a seguinte documentación:

  1. Solicitude
  2. Fotocopia compulsada da escritura de constitución ou documento fundacional do titular debidamente inscrito no rexistro público correspondente e NIF do representante legal para as persoas xurídicas ou NIF  no caso das persoas físicas.
  3. Fotocopia compulsada de alta na seguridade social como empresa.
  4. Memoria e estudo económico sobre as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro que deberá especificar os seguintes extremos:
    • Obxectivos e actividades que desenvolve o centro, con detalle dos servizos de axuste persoal e social que se prestarán aos traballadores con discapacidade.
    • Características e circunstancias organizativas e materiais, explicitando todos os recursos que contribúan ao sostemento do centro.
    • Resultados económicos previstos para o exercicio corrente e os cinco seguintes, con detalle das estimacións realizadas.
    • Prever a integración de persoal técnico e de apoio, coa titulación profesional que a actividade do centro precise, no seu cadro de persoal.
      No caso de non existir este tipo de persoal débese acreditar a contratación da prestación dos servizos de axuste persoal e social, mediante contrato ou convenio de colaboración, con entidades especializadas que conten cos medios suficientes para prestalos coa suficiente solvencia.
  5. Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de traballadores con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar o labor que realizan.
  6. Contratos de traballo do persoal con discapacidade, segundo o modelo oficial establecido pola normativa específica.
  7. Resolución motivada dos equipos de valoración na que se determinen as posibilidades de integración real e capacidade de traballo do persoal con discapacidade en relación coas funcións do posto de traballo. (Modelo de solicitude resolución EVO, Autorización para a entrega de documentación)
  8. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.

 

No caso de solicitar a cualificación como Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro, no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, os centros deberán cumprir os seguintes requisitos: 

  • O patrimonio do titular do centro, ten carácter de irrepartible, agás a favor de entidades do mesmo carácter
  • O titular do centro ten como finalidade primordial a integración de persoas con discapacidade en Centros Especiais de Emprego
  • A reinversión dos seus posibles beneficios ou excedentes faise no propio Centro Especial de Emprego ou noutros que carezan de ánimo de lucro.

E achegar a seguinte documentación a maiores da anterior:

  • Certificación literal dos estatutos sociais das entidades que participen indirectamente na entidade titular do centro, no seu caso.
  • Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro.