Modificación e ampliación de actividades


As novas autorizacións de modificación e ampliación de actividades consistentes en:
A inscrición de novos centros creados por titulares que conten con algún outro xa inscrito, ou a ampliación ou cambio de actividades, cambio de situación do centro de traballo ou calquera outra circunstancia que altere significativamente as condicións de cualificación iniciais, requirirán autorización que deberá ser solicitada no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego, achegando:

  1. Solicitude
    Coa solicitude deberá acompañarse a documentación que a continuación se relaciona, agás aquela que xa conste no Rexistro.

  2. Fotocopia compulsada de alta na seguridade social como empresa, no seu caso.
  3. Memoria explicativa dos cambios efectuados, que xustifique o cumprimento dos requisitos necesarios para manter a autorización como Centro Especial de Emprego:
    • Obxectivos e actividades que desenvolve o centro, con detalle dos servizos de axuste persoal e social que se prestarán aos traballadores con discapacidade.
    • Características e circunstancias organizativas e materiais, explicitando todos os recursos que contribúan ao sostemento do centro.
    • Resultados económicos previstos para o exercicio corrente e os cinco seguintes, con detalle das estimacións realizadas.
    • Prever a integración de persoal técnico e de apoio, coa titulación profesional que a actividade do centro precise, no seu cadro de persoal.
      No caso de non existir este tipo de persoal débese acreditar a contratación da prestación dos servizos de axuste persoal e social, mediante contrato ou convenio de colaboración, con entidades especializadas que conten cos medios suficientes para prestalos coa suficiente solvencia.
  4. Certificación relativa ós centros de traballo para os que se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de traballadores con discapacidade. No caso de existir persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social, deberán identificarse e detallar o labor que realizan.
  5. Contratos de traballo do persoal con discapacidade, segundo o modelo oficial establecido pola normativa específica.
  6. Resolución motivada dos equipos de valoración na que se determinen as posibilidades de integración real e capacidade de traballo do persoal con discapacidade en relación coas funcións do posto de traballo. (Modelo de solicitude resolución EVO, Autorización para a entrega de documentación)
  7. Xustificante de pago da Taxa por servizos administrativos.