Nomeamentos e ceses


PASOS PARA SOLICITAR A INSCRICIÓN DE NOMEAMENTOS E CESES

 

Pódese solicitar ante o Rexistro de Cooperativas a inscrición dos nomeamentos, ceses ou renovacións dos membros do CONSELLO REITOR / ADMINISTRADOR ÚNICO / INTERVENTORES / LIQUIDADORES, achegando:

  1. Solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas dos nomeamentos e ceses.
  2. Certificación (Consello Reitor, Administrador Único, Interventor/es, liquidador/es) da acta da Asemblea xeral na que se adoptou o acordo de cese ou nomeamento que será emitida por quen exerza a Secretaría da Cooperativa e coa conformidade da Presidencia da Cooperativa coas sinaturas lexitimadas notarialmente ou autenticadas polo Rexistro de Cooperativas.
  3. Copia autorizada da escritura pública que conteña a certificación anterior, de ser o caso (é voluntario elevar a publico o acordo, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario; para iso débese achegar esta copia autorizada e a copia simple).
  4. Copia simple da escritura pública anterior, de ser o caso.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.

 

Pódese solicitar ante o Rexistro de Cooperativas a inscrición dos nomeamentos, ceses ou renovacións de LETRADO ASESOR / AUDITOR DE CONTAS / OUTROS, achegando:

  1. Solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas dos nomeamentos e ceses.
  2. Certificación (Letrado Asesor, Auditor de Contas, outros) da acta da Asemblea xeral na que se adoptou o acordo de cese ou nomeamento, que será emitida por quen exerza a Secretaría da Cooperativa e coa conformidade da Presidencia da Cooperativa coas sinaturas lexitimadas notarialmente ou autenticadas polo Rexistro de Cooperativas.
  3. Copia autorizada da escritura pública que conteña a certificación anterior, de ser o caso (é voluntario elevar a publico o acordo, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario; para iso débese achegar esta copia autorizada e a copia simple).
  4. Copia simple da escritura pública anterior, de ser o caso.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.


 

Descargue modelos Normativa