Constitución dunha cooperativa


PASOS PARA INSCRIBIR A CONSTITUCIÓN DUNHA COOPERATIVA NO REXISTRO DE COOPERATIVAS

 

Solicitar ante o Rexistro de Cooperativas competente a cualificación previa dos estatutos sociais.

Unha vez obtida a cualificación previa, as persoas socias promotoras da cooperativa (que serán as elixidas pola asemblea constituínte ademais de quen exerza a Secretaría da asemblea constituínte, as persoas elixidas para desempeñar os cargos do primeiro Consello Reitor e os interventores ou interventoras, de ser o caso) outorgarán a escritura pública de constitución ante notario, que incorporará a seguinte documentación:

  1. Certificado da acta da asemblea constituínte.
  2. Certificado negativo de denominación da cooperativa (modelo de solicitude de denominación que se enviará por correo á Sección Central do Rexistro de Cooperativas do "Ministerio de Empleo y Seguridad Social").
  3. Estatutos sociais cualificados favorablemente.  Se desexa, pode obter un modelo orientativo con anotacións e sen anotacións dende aquí.
  4. Certificado bancario de desembolso das achegas dos socios ao capital social da cooperativa que acredite que o capital social mínimo está totalmente desembolsado. 
  5. O informe de experto independente cando se trate de achegas que non sexan en diñeiro.

 

Despois solicitarase ante o Rexistro de Cooperativas competente a inscrición da constitución da cooperativa achegando:

  1. Solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas da constitución da cooperativa.
  2. Copia autorizada da escritura pública que incluirá a documentación indicada.
  3. Copia simple da escritura pública anterior.
  4. Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
  5. Xustificante do pagamento de taxas por servizos administrativos.


Descargue modelos Normativa